A FOLGA XERAL EN EUSKADI: UNHA RESPOSTA SOCIAL AMPLA, FIRME E CHEA DE DIGNIDADE

A esquerda abertzale lanzou o domingo pasado unha convocatoria que tivo como efecto inmediato a detención de catorce representantes políticos, dos cales once ingresaban en prisión poucas horas antes de que en Euskal Herria comezase unha xornada de folga xeral. Á vista do contexto político da xornada movilizadora vivida onte, non é esaxerado afirmar que a esquerda abertzale logrou dar un reflexo importante á súa protesta. Nunha situación de máxima excepcionalidade para o País Vasco, en que cada xesto político pode dar lugar a graves consecuencias penais, a primeira consideración que cabe realizar é que a masa crítica independentista que existe nese país está activa e disposta a mostrarse na rúa.... [Ler máis]