Á direita: Foto aparecida na Vanguardia de Barcelona.
Unha imaxe nunca vale mil palabras, mais as fotos da “agresión” e a pelexa entre os estudantes e os gardacostas de María San Gil, mentres ela ría, son toda unha declaración de principios do que é envelenar, distorsionar, utilizar, mentir, deturpar e utilizar politicamente o vitimismo e a confrontación barata.
Hai poucas semanas aparecía unha enquisa sobre os políticos máis valorados en Euskadi; María San Gil aparecía de última cunha porcentaxe baixísima. Estamos afeitos a escoitala na televisión, vehementemente, facendo do seu vitimismo unha profesión. A xente inocente e incauta, a forza de vela e escoitala, chega a crer que é verdade o que di... [Ler máis]