
O 10 de Marzo ten a súa orixe nos feitos acontecidos en Galiza, e máis concretamente no Ferrol en 1972. Nesta cidade, a represión policial sobre os traballadores da Bazán rematou con dous mortos (Daniel e Amador) e numerosos feridos entre os milleiros de obreiros manifestantes. A lembranza destes asasinados que homenaxeamos cada ano é o xérmolo da conmemoración deste dia tan arraigado entre a Clase Obreira Galega e as súas organizacións sindicais e políticas...[Ler máis]