DECLARACIÓN DO PCPG SOBRE AS ELECCIÓNS DO 9 DE MARZO

As eleccións ás Cortes Españolas do próximo 9 de Marzo presentan unha falsa batalla entre as "alternativas" de dúas forzas que se van disputar a mayoría e a configuración do novo goberno.

Neste circo electoreiro hexemonizado polo PSOE e o PP, participa a totalidade das forzas da chamada esquerda "real" e os nacionalismos periféricos autonomistas; todos eles ben apoiados polos grandes grupos de comunicación que difunden gustosos a través da súa maquinaria un constante ir e vir de promesas, ocorrencias, "propostas" e xenialidades dos seus líderes en controversia confusa de siglas e "valores democráticos", no que nestes dias son estrelas mediáticas unha chea de vividores dun sistema sostido na mentira e a conculcación de dereitos e liberdades do povo traballador.

Un sistema alicerzado na desigualdade e a inxustiza, históricamente inherentes ao designio da reacción e a dereita política, que hoxe proxecta a súa corrupción a todas as esferas da vida social, mesmo á conducta dos que teorizan querelo cambiar...[Ler máis]