EN COLOMBIA E EN TODO O MUNDO: CONTRA O TERRORISMO DE ESTADO

Vellos, mulleres, mozos e nenos camiñaron onte durante horas co propósito de evidenciar o apoio a todas as vítimas da violencia en Colombia e o seu inconformismo diante da crecente onda de desprazamento forzado. Ao medio día o centro de Bogotá recibiu aos marchantes. Alí os seus mortos e os seus desaparecidos por fin parecían ter relevancia e protagonismo.

“Doen os secuestrados das Farc, mais tamén doen os nosos familiares, sepultados en foxas e no esquecemento”, berraba Susana López, familiar dunha das vítimas do paramilitarismo no Magdalena Medio. Os familiares dos once desaparecidos do Palacio de Xustiza clamaban a verdade e a devolución dos restos de súas seres queridos, así ese dereito chegará despois de 23 anos. As mulleres viúvas da violencia, esixían recoñecemento por parte do Estado. Os desprazados querían devolta as súas terras e a súa tranquilidade, os familiares das vítimas do paramilitarismo e do abuso da forza pública, clamaban xustiza e reparación... [Voltar ao inicio desta nova]