SOLIDARIEDADE URXENTE COA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN (A.S.K.)

Desde hai máis dun ano, o colectivo internacionalista galego A.S.K. (Asociación de Solidariedade co Kurdistán) con domicilio en Vigo, está a ver condicionadas as súas accións polas multas impostas a dous dos seus membros. Os feitos remóntan-se ao mes de Novembro do 2006, durante a disputa do partido de fútbol entre o Celta de Vigo e o Fenerbahaçe turco no estadio de Balaídos.

Agora, despois de ignorar os recursos do noso avogado, dous compañeiros da Asociación de Solidariedade con Kurdistán son levados a xuízo por reclamar liberdade para o povo kurdo. Solicitan multas de 4000 euros para cada un deles...[Ler máis]