
“A administración municipal comprometeu-se a un financiamento anual de 70.000 euros fixos até o 2011 (o que supón un 45% de aumento), que será revisado e incrementado segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) cada doce meses... e asi ficou estabelecido nas contas para o 2008 que en solitário aprovaron PSOE e IU. A cantidade con que agora contribui o Concello supón converter esta instituición no principal patrocinador económico da Semana Santa”.