DOUS IMPORTANTES ACTOS DE SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN CUBANA EN MARIN E VIGO

Os próximos dias 16 e 19 de Abril, coincidindo cun novo aniversario da vitoria de Praia Girón, terán lugar dous importantes actos de solidariedade con Cuba en Marin e Vigo.

Reproducimos a seguir a información destas convocatorias:

- mércores 16 de abril ás 20 h:

Presentación do libro "Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet"

Na biblioteca de Marín, organizado polo Colectivo Nacionalista de Marín

Intervirán:

Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza

Xosé M. García Crego, traductor da edición en galego

Moncho Leal, representante da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil". Ver esta nova na súa orixe

...............................................................................................................................................

- SÁBADO 19 ABRIL, NO CENTRO SOCIAL "FAISCA" - VIGO

Coincidindo co 47 aniversário da victória em Praia Girón, Cuba, (18,19 abril) sob a força invasora integrada por 1500 hombres, equipada, entrenada e financiada polo governo de Estados Unidos, organizamos umha festa cubana que consistira:

* Na projecçom dum documéntario às 19:30

* Charla colóquio co consul cubano, Alejandro Fuentes Hernández e Xosé Manuel Viqueira Sende, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", às 20:30

Aliás de mojitos, petiscos e música cubana a soar! Ver esta nova na súa orixe