A PROMESA DE ZAPATERO: BURLA SARCÁSTICA DA SÚA PROPIA CONSTITUCIÓN

Zapatero promete diante dun crucifixo e da biblia

A desídia do Governo de España à hora de facer cumprir a Constituición voltou ser patente cando mais unha vez o nomeamento de José Luís Rodríguez Zapatero como Presidente do Governo español foi feita perante un grande crucifixo no meio e con unha Bíblia. Á marxe de o Sr. Zapatero prometer -e non xurar- perante estes símbolos pertencentes a unha confisión relixiosa que non deveria de se imiscuir nos asuntos relacionados con o funcionamento das instituicións chamadas democráticas, en tanto que, en conformidade con o artigo 16.3 da actual Constituición, “nengunha confisión terá carácter estatal”, denuncia a FIDA (Federación Internacional de Ateus), que acrescenta que a presenza destes símbolos é “inconstitucional", polo que, se acaso representa algo, é unha burla sarcástica da súa própria Constituición perante a cal o presidente promete cumprir e facer cumprir neste o seu primeiro acto institucional.