
Para a APDR a concesión das AAI a ENCE e ELNOSA responden a criterios puramente políticos e mesmo electorais e non a criterios medioambientais, único obxectivo que persigue a Lei 16/2002 de control integrado da contaminación que regula as ditas autorizacións ambientais. En efecto, a decisión da Consellería estaba tomada con anterioridade á exposición pública da documentación presentada pola empresa ENCE e en ningún dos casos se tiveron en conta os Informes de compatibilidade urbanística emitidos polo Concello de Pontevedra, informes que eran negativos e que de acordo coa Lei teñen carácter vinculante e implicarían a denegación das autorizacións... [Ler máis]