Os próximos 4 e 9 de Xuño Gerardo Hernández e Ramón Labañino van cumprir anos e probabelmente un dos seus mellores agasallos será sentir no só o agarimo e a solidariedade do seu povo, senon tamén a de todos os amigos e activistas galeg@s. Por iso chamamos a escribirlle parabéns coa antelación suficiente para que lle cheguen ese dia. O enderezo ao que debe escribirse é o que aparece premendo no link que aparece máis embaixo:
¿Cantas mortes máis de seres humanos inocentes temos que presenciar para que remate esta política tola e absurda cara a Cuba? ¿Cantas vidas máis de seres humanos hai que esperar que se perdan para que o FBI cumpla realmente co seu deber e deteña aos reais criminais e terroristas do seu propio povo de Estados Unidos? ¿É que acaso esta "loita contra o terrorismo" é pura retórica? (Ramón Labañino na vista da sentencia, o 13-12-2001). [Ler máis]