PRÓXIMOS ACTOS E MOBILIZACIÓNS CONTRA ENCE-ELNOSA EN PONTEVEDRA E MARIN

O vindeiro MÉRCORES 11 de xuño ás 20,30 h. no Salón de Actos de Belas Artes terá lugar unha MESA REDONDA: AUTORIZACIÓN AMBIENTAL: UN PASO MÁIS NA CONSOLIDACIÓN DE ENCE / ELNOSA; na que intervirán o Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a Profesora de Dereito. U.S.C. Alba Nogueira López, moderada polo avogado Vicente García Legísima.

Este acto será preambulo da MARCHA CONTRA CELULOSAS O SÁBADO 14 DE XUÑO ÁS 20:30 H NAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA: " Fronte á ilegalidade, fronte á irracionalidade e o engano, só cabe a mobilización social " Ver: Convocatoría Marcha 2008