Raul Castro Ruz
O Partido conta coa fortaleza e experiencia acadadas nestes difíciles anos de período especial. Aínda así, os seus dirixentes, cadros e militantes teñen que traballar arreo para continuar perfeccionando o seu traballo e a súa autoridade diante das masas.
A axenda tratada hoxe en Plenario e os acordos adoptados constitúen un paso importante nesa direción e tamén na de afianzar o papel do Partido como vangarda organizada da nación cubana, que o situarán en mellores condicións para enfrontar os desafíos do futuro e, como expresou o compañeiro Fidel, para asegurar a continuidade da Revolución cando aquí xa non estean os seus dirixentes históricos... [Ler máis]