PALESTINA: 21.915 DIAS DE CATÁSTROFE

Reproducimos aquí este artigo do compañeiro palestino Mohamed Safa (quen fora representante da OLP en Galiza).

Son os días dos 60 anos de sufrimento que padecen os palestinos desde a criación do Estado de Israel, que supuxo para eles unha catástrofe, coñecida en árabe como o Nakba. Milleiros de palestinos vironse na obriga de abandonar o seu territorio e a vivir en campos de refuxiados até o día de hoxe. Non é unha opción elixida, é unha realidade imposta que o 70% da sociedade palestina son refuxiados e a metade do povo vive baixo unha ocupación militar. Medraron e medrou a súa ferida nesta viaxe de sufrimento. A Nakba non é un feito do pasado, é a vida de todos os días. É difícil comprender todo isto sen ver a obra humana do Estado de Israel...
[Ler máis]