DEFENSA DA RIA DO BURGO CONVOCA MANIFESTACIÓN PARA O 21 DE XUÑO NA CORUÑA

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo na Coruña, organiza e convoca unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense).

A Plataforma apresentou, o 23 de maio no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en A Coruña, 17.000 sinaturas de cidadáns que demandan o saneamento da Ría, a fin dos vertidos, así como sancións ás empresas e particulares que contaminan... [Ler máis]