REPRESIÓN SINDICAL EN URBASER-REDONDELA

Victor Manuel Fuentes Viano
Na foto: traballadores de Urbaser no 1 de Maio. Entre eles o cda que escrebe este artigo (co puño ergueito).

Despois do Preacordo de Convenio, o pasado 8 de novembro do 2007, entre traballadores do Servizo e a empresa Urbaser, que poñía fin a folga no servizo, a empresa Urbaser, impuxo a ós folguistas máis activos, sancións consistentes na suspensión de 45 días de emprego e soldo, agás no caso do traballador, ó que se lle impuxo un castigo maior (60 días). Sancións non executadas ata a data, posiblemente en espera da resolución xudicial.

O pasado luns 21 de abril do 2.008, ás 10:20 horas, celebrouse xuizo, ante a Maxistrada Xuez do Xulgado do Social, número 3 de Vigo, Dona Montserrat Delgado Pérez, pola denuncia presentada contra Urbaser, pola totalidade e cada un dos traballadores sancionados, do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, pola súa participación activa na Folga do Servizo acontecida entre o 28 de outubro e o 8 de novembro do 2.007... [Ler máis]