DO 2008 AO 1847: A REGRESIÓN ÁS 65 HORAS, OU COMO TRABALLAR DE SOL A SOL

[GZnación]

A xornada laboral, por definición, é o tempo que cada traballador dedica a exercer unha tarefa para a cal foi contratado. Esta cóntase en número de horas e, segundo o contrato que nos vincule a unha empresa, sociedade... incluirá as horas traballadas diaria, mensual ou globalmente se falamos dun contrato por obra. Vintecatro horas ten o día e vintecatro eran, porén, o tope máximo de tempo para os terratenentes, propietarios, señores, etc. para dispor dos seus traballadores ou escravos antes de que o asociacionismo derivou en reivindicación e se articulou un regulamento para limitar o número de horas da xornada laboral ...[Ler máis]