NOVOS ACTOS DE HOMENAXE AO CHÉ GUEVARA EN VIGO E OLEIROS OS DIAS 25, 27 E 28


O próximos dias 25 e 28 celebraránse en Galiza dous importantes actos de homenaxe ao Ché Guevara, que terán lugar en Vigo e Oleiros, respectivamente.
No primeiro, que se vai celebrar o 25 ás 20hs na Casa do Libro da cidade olívica falará o compañeiro Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, sendo o mesmo organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
No segundo, que se enmarca nunha serie de actos máis ampla, desenvolvida polo Concello de Oleiros, vaise inaugurar un monumento ao Ché Guevara, nun acto de Homenaxe Nacional ao Guerrilleiro Heroico que terá lugar na rotonda Nirvana, á beira do Parque Nirvana en Bastiagueiro, na Avenida Ernesto Ché Guevara, nese mesmo concello coruñés o sábado dia 28 ás 12 do mediodia. [Ver máis información dos actos de Oleiros]