Nos últimos dias soubemos de novo de brutais noticias de represión sobre dous galegos, os presos políticos SANTI VIGO E JORGE GARCÍA VIDAL, independentista e comunista, que sofriron de malleiras e tratos degradantes a mans da policia ou de funcionarios do cárcere na que están internos. Como ben di unha das denuncias públicas que temos recibido: “feitos coma este non son aillados, nin froito da bestialidade conxénita duns energúmenos, agora dentro dos corpos represivos. Máis ben són actuacions ordenadas, perfectamente planificadas e que contan coa máxima impunidade”.
Desde o PCPG, ao tempo que nos facemos eco destes penosos feitos, queremos denunciar con todas as forzas estas actuacións fascistas, bestiais e despreciabeis e chamamos a colaborar coas organizacións antirrepresivas que traballan na defensa dos dereitos daqueles que sofren nos seus corpos, e con impunidade sistemática, maltratos e outras prácticas infames. [Ver información das denuncias de A.I contra o E.E sobre os malos tratos e violación dos dereitos a detidos e presos]