MAIO`68: VOSTEDE TIÑA RAZÓN, BRECHT, NON SEMPRE SE LOITA TODOS OS DIAS

Pedro de la Hoz • La Habana

Mentiría se digo que foi a simple e pura curiosidade a que me fixo volver os pasos sobre algúns dos protagonistas de Maio do 68. Nun de meus frecuentes viaxes a Alemaña durante a década pasada, fun levado á Rathaus (concello) de Frankfurt do Meno, onde o meu guía, facendo un alto na explicación sobre as características da cidade, sinalou a un home enfundado nun impecabel sobre todo gris que á entrada da edificación era saudado cálidamente por un grupo de banqueiros: “Ese é Daniel Cohn-Bendit”. A súa presenza alí explicábase polo cargo que ocupaba naquel inverno de 1995: adxunto do Alcalde da cidade. Á sazón xa fora escollido eurodeputado polo Partido dos Verdes.

De Dany "o roxo", ou "vermello", un dos principais animadores da revolta estudiantil da primavera de 1968 que tivo o seu epicentro en París e se estendeu para outros lugares, apenas ficaba ren naquela figura... [Ler máis]