TOD@S SOMOS IRLANDESES!

Por medio dunha intensísima propaganda mentireira, con todo tipo de presións, chantaxes e ameazas de “caos”, unha santa alianza de poderosos gobernos europeos cos seus medios de comunicación e colaboradores da seudo-esquerda, martelaron nos irlandeses para que votaran SI.

Mais Irlanda, que seica representa somente o 5% da poboación de toda a Unión Europea, rexeitou con decoro, coma antes outros povos, que a confundisen coas súas arrogantes e prepotentes clases dirixentes.

Coherente co seu histórico e secular combate pola irrenunciábel soberanía fronte a un desafiante imperialismo, non moi diferente do que denunciaran Marx e Engels no século XIX, o povo traballador irlandes amosouse digno dos seus milleiros de heroes históricos mortos pola súa liberación e independencia, en primeiro lugar do seu lider revolucionario, marxista e patriota James Connolly ..... [Ler máis]