En Cuba, un grupo de mulleres, as «Damas de branco», manifestan cada domingo pola liberación dos seus parentes. A propaganda occidental compáraas coas «Nais da Praza de Maio» quen manifestaban polos desaparecidos arxentinos. O seu obxectivo: tratar de comparar ao goberno cubano coa ditadura militar argentina. Pero a verdade é que estas mulleres están ao soldo de Washington para facer o seu espectáculo cada semana.
As «Damas de branco» cubanas adquiriron certa fama na prensa occidental, que informa regularmente das súas actividades. Elevadas ao rango de símbolo da loita pola liberdade, as damas gozan dunha propaganda mediática que faría palidecer de envexa a calquera grupo opositor do mundo, mentres que en Cuba, máis ben suscitan a indiferenza e o rexeitamento da povoación.
«Damas de branco» e Nais da Praza de Maio, a mesma loita?... [Ler máis]