Depredador, irresponsábel e inxusto. Así poderiase definir o modelo que as grandes promotoras inmobilarias implantaron neste país nos últimos anos.
A xa admitida suspensión de pagos de Martinsa-Fadesa é algo máis que un preámbulo da grave crise económica que está por chegar. É sobre todo a constatación do nefasto modelo económico e social que este país optou por desenvolver. Un modelo que as grandes empresas como Fadesa non tiveron ningún reparo en institucionalizar e os poderes públicos en bendecir. Eran previsibeis as consecuencias do chamado boom inmobiliario, outros países xa o padeceran e souberon atallar antes da debacle. Aínda así o goberno español e os distintos gobernos autonómicos miraban para outro lado cando os especialistas económicos advertían das terribeis consecuencias que acarrearía a libre actividade dos empresarios da construción...[Ler máis]