Causa Galiza, plataforma social ampla e de esquerda na que estamos traballando moitisimos colectivos, organizacións e persoas de xeito individual em favor da autodeterminación da nosa nación, entre elas o PCPG, anima os e as galeg@s soberanistas a participaren na manifestación que convoca para o 25 de Xulho, Dia da Pátria, que vai partir ás 13:30 horas da Alameda de Compostela coa lexenda “Soberania nacional”. Por segundo ano consecutivo, Causa Galiza organiza a marcha unitaria da esquerda patriótica, anticapitalista, soberanista e independentista.
Numha conferencia de imprensa coa presenza de Pedro Alonso e Charo Lopes, integrantes da Portavocia da Causa Galiza, o colectivo apresentou hoxe, na Galeria Sargadelos de Compostela, a manifestación que convoca este 25 de Xullo, mais un ano, a todo o soberanismo de esquerdas galego... [Ler máis]