SÓ A MOBILIZACIÓN POPULAR PODERÁ FREA-LA AGRESIÓN NEOLIBERAL

SÓ A MOBILIZACIÓN POPULAR PODERÁ FREA-LA AGRESIÓN NEOLIBERAL

A agresión contra dos traballadores asalariados do estado español e da Unión Europea, é cada vez máis patente.

Pero vai medrar, PSOE e PP, Rajoy no congreso partidario recen clausurado ofreceulle todo o apoio ó goberno para “saír da crise”, prepáranse a unir forzas e tomar medidas en favor dos máis poderosos, neste momento en que a recesión económica golpea os seus intereses; no sistema capitalista, os asalariados que somos a maioría da poboación, padecemos constantemente de situacións de crise, unha veces porque a economía vai ben e debémonos apreta-lo cinto para que siga así, e outras, cando as cousas van mal para supera-la crise na que nos meteron. E non podía ser doutro xeito nun sistema baseado na explotación dunha maioría por parte dunha minoría... [Ler máis]