DECLARACION DA ASEMBLEA NACIONAL DO PODER POPULAR DE CUBA
11 de Xullo 2008
Cando o 9 de agosto de 2005, o Panel de 3 xuíces da Corte de Apelacions de Atlanta, determinou unanimemente revogar as condenas e ordenar un novo xuízo para os Cinco Antiterroristas cubanos presos nos cárceres de Estados Unidos, ao considerar que Miami non era unha sede aceptabel para xulgalos, semellaba que ao fin o sistema xudicial norteamericano faría xustiza neste longo proceso cheo de arbitrariedades e manipulación.
Un ano despois o Pleno da Corte, en inédito veredicto na historia xudicial norteamericana, fallou en contra do ditame dos seus tres xuíces, validou o xuízo celebrado en Miami e remitiu de novo o caso ao Panel para considerar o resto dos asuntos impugnados pola defensa... [Ler máis]