MOBILIZACIÓN E PROTESTO IMAXINATIVO DO POVO DE REDONDELA

V.M Fuentes Viano/axencias

Como veñen facendo dun tempo a esta parte, numerosos/as membros a Plataforma Cidadá de Redondela contra a Autovía acudiron ao Pleno ordinario do Concello tentando denunciar e representar ante a opinión pública a desfeita do rural e o seu estilo de vida co fomento de obras tan destructivas coma as autovías. A intención desta iniciativa consitía en reivindicar o rural de Redondela, o máis afectado polas obras do AVE e pola Conexión da A-57 con Peinador.

Así acudiron ao Pleno caracterizados/as de labregos/as, cas nosas ferramentas de traballo, as súas hortalizas, animais, galiñas, coellos, alpacas, pes de millo coles e viña, sulfatadoras, etc... [Ler máis]