LEOPOLDO GARCÍA ORTEGA: IN MEMORIAN

Aos 88 anos de idade faleceu hai uns dias un home bo, honesto e consecuente.

Leopoldo García Ortega, presidente de honra da Asociación Viguesa pola Memoria do 36 foi unha referencia indispensabel para comprender a dura vida da resistencia antifranquista.

Foi amigo e compañeiro entrañabel e leal de moitos dos que seguimos a traballar no movemento republicano e na memoria antifascista. Algúns dos nosos camaradas organizamos e participamos con el en actos, por veces multitudinarios, fundamentalmente na comarca de Vigo e o Morrazo e até os últimos dias da súa vida(que pasou nunha residencia de ancians próxima de Vigo) algúns comunistas dos que formamos parte deste partido, o PCPG, compartimos longas e agradábeis conversas, e tivemos o privilexio de gozar do seu afecto e amizade... [Ler máis]