A NEGACIÓN DA TORTURA (NO E. ESPAÑOL) UNHA DENUNCIA DE CARLO FRABETTI

A negación da tortura

por Carlo Frabetti

A tortura, a máis repugnante forma de represión e de abuso de poder, é obviamente incompatibel co estado de dereito, e por iso nas seudodemocracias ao uso a súa práctica sistemática nunca é recoñecida. Mais negar a evidencia da tortura é cada vez máis difícil. Cada vez require maior cinismo por parte do poder e maior necedade por parte de quen se cren as súas mentiras e omisións, pois o coñecemento dos feitos obxectivos -os teimudos feitos- está, cada vez máis, ao alcance de calquera que teña acceso a un ordenador. Hoxe día, negar a tortura é como negar o Holocausto: require o mesmo grao de obcecación ou perversidade.

Fai tan só unha década, para comprobar que a tortura é unha práctica sistemática e impune (o que equivale a dicir que é unha estratexia política), había que emprender unha difícil labor de investigación. Porén na actualidade as evidencias son tan abrumadoras como facilmente accesibles, e negarse a velas ou a sacar as conclusións pertinentes equivale a ser cómplice da maior das infamias... [Ler máis]