O día xoves 21 de agosto de 2008, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Gondomar, se ofrecerá unha charla sobre “A situación política en Palestina”, impartida por Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI (www.igadi.org)
GONDOMAR: EXPO SOBRE OS REFUXIADOS PALESTINOS
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Comité no E.Español da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados en Palestina (UNRWA), en colaboración co Concello de Gondomar, organizan a exposición fotográfica “A UNRWA e os Refuxiados de Palestina 1948-2008: 60 anos”, que estará na Casa da Cultura do Concello de Gondomar (rúa Portugal, 2, 36380, Gondomar) do luns 18 ao domingo 31 de agosto de 2008.