AVALIACIÓN OFICIAL DE CUBA DOS DANOS CAUSADOS POLOS FURACÁNS GUSTAV E IKE

Primeira avaliación oficial de Cuba sobre dos efectos de Gustav e Ike.

Os danos dos dous furacáns non teñen precedente na historia da illa.


A acción combinada dos furacáns Gustav e Ike en ventos, chuvias e inundacións ao seu paso practicamente por todo o país, entre o 30 de agosto e o 9 de setembro, incluídos os efectos previos e posteriores á súa entrada e saída do territorio nacional, convértena sen dúbida ningunha na máis arrasadora na historia destes fenómenos meteorolóxicos en Cuba con relación á magnitude dos danos materiais acontecidos.

Para o noso pobo, preparado durante anos para enfrontar desastres naturais grazas á organización e eficiencia demostradas por o seu forte, enérxica e previsora Defensa Civil, como a cualificase Fidel, foron estarrrecedoras as vivenzas de centos de miles de compatriotas directamente damnificados e as imaxes trasmitidas polos medios de prensa das localidades impactadas... [Ler máis]