MÁIS UNHA VEZ CONTRA AS TOURADAS. "GALIZA MELLOR SEN ELAS"!

O vindeiro 21 de setembro o Concello de Negreira pretende financiar unha 'novillada' no marco das festas locais. Por iso, unha serie de colectivos e organizacións, entre as que se atopa o PCPG, e a Plataforma “Galiza Mellor Sen Touradas” facemos un chamamento para tomar medidas contra estes festexos bárbaros e lamentábeis que ademais non contan con ningunha tradición en Galiza, que xa tiveron o rexeitamento de numerosos cidadáns en Pontevedra nas festas da Peregrina no pasado mes de Agosto (ver info nesta mesma páxina do noso partido).

Apelamos aos veciños de Negreira para que lle expresen o seu rexeitamento aos plans do Concello, toda as persoas que sexan sensíbeis na defensa dos dereitos dos animais debemos ser rotundos e unánimes nesta condena. O PCPG chama a colaborar coa Plataforma Galiza Mellor Sen Touradas e participar nos actos de protesto.