
O Goberno da illa asistiu en tempo con recursos materiais das súas reservas aos territorios máis castigados polos furacáns. Xunto destas asistencias materiais, manifestouse un exercicio da solidariedade popular que é unha das primeiras divisas da formación en Cuba dende os comezos da Revolución. Ao tempo, gobernos, organismos e institucións de todo o mundo estableceron contacto para o envío de axuda urxente.
Dende Galiza, a "Francisco Villamil" convida a colaboración nos traballos de recuperación en forma de aportacións a unha conta na que a propia Asociación fixo un ingreso de 5.000 €, procedentes do traballo solidario desta institución internacionalista galega.
A conta esta residenciada en Caixa Galicia e ten o número 2091 0374 37 3040006520
No rubro CONCEPTO debe especificarse: POR CUBA.
Para máis información sobre a iniciativa pódese escribir ao correo da Asociación: galegocubana@gmail.com