Maha Nassar, impulsora na loita pola igualdade, a emancipación da muller Palestina e a educación faleceu aos 54 anos de idade despois dunha longa doenza.
A camarada Maha, dirixente da Fronte Popular de Libertación de Palestina, foi un piar fundamental no desenvolvemento do país. Un grande exemplo a seguir.
Agarimosa, íntegra, firme nas súas conviccións. O mundo perde unha muller excepcional e sempre a lembrareimos así, traballando duramente pola liberdade.
Unha grande loitadora que nunca se perdía na desesperanza, sempre atopaba un motivo para seguir combatendo por unhas ideais xustas, lexítimas, alcanzabeis.
Maha falaba, como falan esas grandes mulleres que en cada época, en cada século existiron, e que nun pasado moitos quixeron acalar esa voz apaixonada que berra e argumenta cambiar o rumo, o curso dunha vida chea de desigualdades, e que sabe, é consciente que outro mundo é posibel... [Ler máis]