EN VIGO: DEBATE PÚBLICO SOBRE A DIRECTIVA DAS 65 HORAS E AS POLÍTICAS ANTIOBREIRAS DA U.E
Dende o PCPG recomendamos e facemos un chamamento para participar neste importante acto organizado polo colectivo Precarias en Loita no que participarán tres compañeiros sindicalistas encol da directiva europea das 65 h e das políticas de traballo chegadas dende a UE.
O título da mesa redonda é: "A directiva europea das 65 h e as políticas antiobreiras da UE", e nela participarán: Ricardo Castro da CUT, un representante da CIG e Isidro Román da CGT.
Vai ser este próximo 16 de outubro, ás 20hs no Centro Social "A Revolta" de Vigo (Rúa Real, 32)