
Esta intervención encoberta e desarmada prestaba un servizo invaluabel á seguridade dos povos de Cuba e de EEUU. Contra toda Lei, os Cinco padecen polo seu traballo heroico, de defensa da vida, cadea en condicións durísimas nos Estados Unidos, con aplicación arbitraria e venal do regulamento penitenciario.
A directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" ven de publicar un Manifesto Polos Cinco ao que nos sumamos e que reproducimos a seguir: En xuño de 1998, despois duns atentados con bombas contra os intereses e a cidadanía cubanos, unha delegación do FBI viaxou á illa caribeña, recibindo unha ampla documentación sobre as actuacións destes grupúsculos fascistas. A reacción de Washington foi rotunda: cinco cubanos foron arrestados o 12 de setembro do mesmo ano... [Ler máis]