ACTO INFORMATIVO E DE CONFRATERNIDADE COMUNISTA DO PCPG EN VIGO

Como informamos hai uns dias nesta páxina, este próximo domingo 23 ás 12 da mañá, no local social Faisca de Vigo (Rúa Toledo, 23-detrás da Igrexa dos Picos-O Calvario) organizamos un acto público informativo e de confraternidade comunista, no que o PCPG en Vigo convidará a todos os presentes a un aperitivo e viño galego.

--Intervirán membros nosa dirección nacional /a para presentar a nosa proposta de esclarecemento e intervención e loita partidaria, asi como a nosa acción política unitaria de cara aos próximos tempos, en función dos acordos do noso partido que contemplan a consulta e acción máis máis ampla entre os militantes, amigos e o conxunto povo traballador.

--Falará tamén o Cónsul ou representante do Consulado de Venezuela aos que temos convidado a este acto (lembrade que ese domingo, 23 é dia de comicios rexionais en Venezuela)

--Está confirmada a actuación musical de Xosé Ramón Rocha, violonchelista (profesor de violonchelo) que, en principio, vai interpretar: "A Internacional", "Partisans", a Varsawianska ("ás barricadas") e "Grándola Vila Morena".

--Poesía: algúns/as poetas amig@s e camaradas recitarán algún poema.

--Rematará, como xa queda dito con un aperitivo e viño galego

Lembra: Centro Social Faisca. Rúa Toledo, nº 9-VIGO ás 12: 00 do mediodia