skip to main |
skip to sidebar
SÁBADO 6 DE DECEMBRO, TOD@S NA PRAZA DO TOURAL DE COMPOSTELA
Manifesto de Causa Galiza:
NON Á CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. AUTODETERMINACIÓN!
A Constitucion Española significou a proibicion expresa do exercício á soberania nacional e do dereito a autodeterminacion do povo galego. Privou-nos da posibilidade de decidirmos cal é a relacion que queremos manter co resto dos povos. Esta limitacion está na raiz das agresions que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu povo traballador.
Temos na memória colectiva un dos ataques mais recentes, a desfeita do Prestige e o atentado que supuxo a resposta dada desde o goberno español do PP e da Xunta de Fraga. Quen pensase que despois da grande mobilizacion do povo galego contra ese atentado, a situacion melloraría, erraba. Os alicerces da política defendida polo PP, o chamado “plan Galicia”, conforman tamen os eixos da política aplicada pola Xunta actual do PSOE-BNG:... [Ler máis]