[A.Mariño]
--> "O goberno español falou claro: Queremos que Repsol sexa independente e española” . Mais non quedamos que existia a libre competencia, libre entrada e saída de capitais e por suposto que o capital non ten patria?"
--> "Hoxe coma onte, as ensinanzas do mestre Lenin seguen completamente vixentes, ao igual que as tarefas dos comunistas.
...E, xa que logo, é unha tarefa primordial o loitar contra o imperialismo e os seus lacaios, transformar os intereses nacional-chovinistas da burguesía e proclamar sen complexos un programa de unidade da clase en defensa dos intereses do proletariado. A consecución de nacións libres e independentes pasa pola destrución dos intereses dos burgueses “independentes e españois”.
Tras a decapitación ideolóxica da clase obreira dos anos 90 a socialdemocracia europea trata de erixirse voceira dunha “nova esquerda” interclasista, eliminando por decreto a loita de clases e dotando ao capital dunha personalidade propia e allea á dialéctica... [Ler máis