ESTADOS UNIDOS: AS ELECCIÓNS DO 4 DE NOVEMBRO






Fidel Castro Ruz

Ante a crise financeira desatada e as súas consecuencias, aos cidadáns norteamericanos preocúpalles máis nestes intres a economía que a guerra de Iraq. Desacóugaos a preocupación polos seus postos de traballo, a seguridade dos aforros depositados nos bancos, os fondos da xubilación; o temor de perder o poder adquisitivo do seu diñeiro e as vivendas onde residen cos seus familiares.

O 4 de novembro vai ser un día de grande importancia. A opinión mundial estará atenta ao que en Estados Unidos ocorra coas eleccións. Trátase da nación máis poderosa do planeta. Con menos do 5 por cento da poboación do mundo succiona cada ano enormes cantidades de petróleo e gas, minerais, materias primas, bens de consumo e produtos sofisticados procedentes do exterior; moitos deles, en especial os combustíbeis e os extraídos das minas, que non son renovábeis... [Ler máis]