Acordouse, por parte de TODOS que as mobilizacións teñan unha dupla vertente: a comarcal, como até agora, e a nacional, com unha manifestación o domingo dia 18 de Xaneiro ás 12 da mañá na capital de Galiza, con saída da Alameda, e por outra banda que a iniciativa e coordenación nacional sexa levada pola Asociación Galiza por Palestina. Todas as organizacións figurarían na convocatoria como apoiantes.
Esta manifestación estará precedida, neste mesmo fin de semana, dunha grande xornada nacional de concentracións ou manifestacións en numerosas comarcas do noso pais.
Tanto as dinámicas comarcais como a mobilización nacional pretenden manter a iniciativa popular de resposta ás agresións imperialistas de Israel, esixindo ao mesmo tempo unha resposta das institucions tanto municipais como autonómicas galegas e do estado español, incluindo a ruptura de relacións diplomáticas co Estado terrorista de Israel. [Ver todas as convocatorias]