HOMENAXE PÓSTUMA A UN COMUNISTA E PATRIOTA GALEGO

Este sábado 17 de xaneiro ás 17:00hs. no Auditorio dá Galiza, vaise celebrar en Compostela unha homenaxe póstuma e popular a Ramom Muntxaraz, histórico militante da esquerda independentista e comunista galega.

[Recollemos unha síntese do seu traballo e militancia extraido do texto da convocatoria á homenaxe popular]

Resulta imposibel resumir en palabras o que significa a vida dunha persoa para aquelas que a amaron, para as que con ela compartiron loitas, soños e combates ou, incluso, para a historia dun povo. Esta tarefa vólvese aínda máis complexa se o obxecto a sintetizar é a peripecia vital dun ser tan rico e multifacético como Ramón Muntxaraz, poliédrico en dedicacións e interese, irredutibel aos rótulos simplificadores e tan difícil de abranguer nesa humilde inmensidade que o caracterizaba.

Con todo, faremos o esforzo de sínteses e diremos que Ramom foi un home que se fixo galego por propia vontade e decisión, que se identificou con este País e que amou e loitou por Galiza con firmeza e paixón...[Ler máis]