POR UNHA MANIFESTACIÓN NACIONAL DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA













CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA PREPARAR UNHA MANIFESTACIÓN NACIONAL DE APOIO A PALESTINA

Por iniciativa de GALIZA POR PALESTINA que recolle unha petición de numerosos grupos políticos, sociais, sindicais e culturais que temos asistido estes dias ás mobilizacións contra a agresión sionista contra o povo palestino de Gaza, convócase a todos os colectivos e persoas interesados/as na realización dunha manifestación nacional galega en repudio dos crimes sionistas e contra a ocupación de Palestina a unha reunión preparatoria en réxime de autoconvocatoria o vindeiro mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova)