Por volta de 15.000 manifestantes(*) procedentes de toda Galiza, mobilizámonos este pasado fin de semana polas rúas de Santiago de Compostela a prol de Palestina. A manifestación ia encabezada por unha faixa co lema "Galiza con Palestina.Non ao masacre".
[PCPG]. Centos e centos de bandeiras palestinas ondearon neste grande acto de solidariedade do povo galego, que foi apoiado por perto dun cento de organizacións e colectivos de solidariedade de todo o noso país para denunciar este novo crime que se está perpetrando contra a povoación palestina de Gaza e parar a barbarie imperialista que lle da soporte a este xenocidio.
A manifestación ateigou todo o percorrido, de varios quilómetros, entre o seu inicio no paseo central da Alameda de Compostela e o seu remate na Praza da Quintana esixiu unanimente unha condena sen paliativos e unha reacción inmediata das “institucións democráticas”, a todos os niveis, da U.E e da ONU para que deteñan a agresión...[Ler máis e galeria de fotos]