CONTRA O FASCISMO E A REACCIÓN. EN DEFENSA DA NOSA LINGUA NACIONAL

[Causa Galiza].

"Pola soberanía lingüística, soberanía nacional"


Galiza afronta nos últimos tempos novas estratexias do españolismo lingüístico, organizadas desde colectivos que afirman defenderen a convivencia entre español e galego contra unha imaxinaria imposición desta última lingua no territorio que sempre lle foi propio. A manifestación convocada por Galicia Bilingüe en Compostela para este 8 de Xaneiro, contra a que Causa Galiza quere manifestar o seu rexeitamento, é máis un exemplo do atrevemento que están a gañar estes grupúsculos, aínda que teñan que traer autobuses e manifestantes de fóra do país.

Sen dúbida, non é preciso destacar a impostura que se acocha tras destes movementos, con base na dereita máis españolista e para os que bilingüismo só significa a defensa da súa lingua e a marxinación do galego. [Ler máis]