MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE. 15 DE FEBREIRO DE 2009 ÁS 12 hs. EN COMPOSTELA

Contra a destrución da paisaxe, do patrimonio cultural, dos recursos naturais...GNSV convoca unha manifestación en Compostela este próximo 15 de febreiro.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema: GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!!