O PCPG ANTE OS PRÓXIMOS COMICIOS AUTONÓMICOS GALEGOS DO 1 DE MARZO

NON ÁS POLÍTICAS NEOLIBERAIS E DE DEREITAS

P.P NUNCA MÁIS!

POR UNHA FRONTE DE ESQUERDAS, ANTICAPITALISTA
E SOBERANISTA GALEGA

Case catro anos despois do histórico cámbio que substitueu a os 16 anos de goberno PP-Fraga, o noso povo traballador non percebeu con claridade as medidas “ilusionantes” do goberno autonómico “progresista”, nin as mudanzas radicais prometidas polas que se ten mobilizado multitudinariamente.

Máis alá de aderezos cosméticos Galiza segue lonxe de ter superado a súa situación de dependencia e decadencia forzada.

Seguimos a ser vítimas do esquilmamento e a destrución do noso aparello productivo tradicional e do noso entorno natural... [Ler máis]