[...] Hoxe conmemoramos aquel feito histórico inmersos na máis profunda crise económica dos últimos 80 anos, unha crise que está no cerne do capitalismo e atinxe a estructura vital deste sistema irracional, con nefastas consecuencias a nivel planetario que implican gravísimas repercusións na vida dos/das traballadores/as que hoxe estamos cada vez máis lonxe de esquecernos de termos coma "explotación", "desigualdade", "emigración", “pobreza”, “fame”, “ precariedade".
Temos máis motivos que nunca para sair á rúa [...] erguer o noso protesto contra o latrocinio dos investimentos astronómicos cos que tentan defender os sacrosantos beneficios do grande capital e dos seus bancos, aseguradoras e multinacionais. [Ler chamamento completo]