
Como se pode ver nesta mesma web, en Galiza o PCPG chamou a apoiar esta mobilización convocada pola Central Unitaria de Traballadores (CUT) que, aos pesares de realizarse en horas laborais tivo lugar en Vigo (principal cidade industrial de Galiza) diante das principais entidades bancarias con un un notable éxito de participación.
Cabe salientar que ningunha das organizacións dunha excluinte "plataforma", que realizaran un confuso paripé "unitario" 3 dias antes, apoiaron esta convocatoria. (40 escasos asistentes reuniran o pasado 28 de marzo entre todas, contando con xente doutras procedencias de Galiza).
Tamén resulta chocante a ausencia de resposta a esta convocatoria internacional por parte dalgún outro sindicato galego adherido á FSM.