(...) "Non foi o Tribunal Constitucional quen emendou o fallo fascista do Tribunal Supremo. Simplemente repartíronse os papeis para que pareza que o sistema en si funciona e é democrático. Non é verdade. Só se purgan para impedir que quebre totalmente na súa máis íntima e completa lexitimidade" (...)
A recente resolución do Tribunal Constitucional español, aceptando o recurso interposto pola representación legal de Iniciativa Internacionalista contra o Auto de ilegalización do Tribunal Supremo, non supón, para nada, unha rectificación e, por ende, unha constatación da “pureza” democrática do sistema, como queren facernos crer súas voceiros; antes ben, significa que o fedor que emana do mesmo faise insoportabel até para quen mais o gaban.
Se o ABC marcaba- como o fixera en 1936 á chusma castrense- o camiño que tiña que seguir o Tribunal Supremo ilegalizando calquera indicio de disidencia política, coa escusa do “terrorismo”, o editorial do día 19 de Maio do diario el PAIS, asinalaba ao Tribunal Constitucional os límites, amplamente rebasados, da deslegitimación da armazón xurídico e político da monarquía democrático-burguesa española, herdeira directa da ditadura franquista que a nomeou... Ler máis]